Gala de entrega dos #premiosyoutubeiros2018

O Teatro Colón da Coruña acolleu na tarde do día 20 de abril a gala de entrega dos #premiosyoutubeiros2018! Houbo risas, música, crítica e moit@s youtubeir@s. Déronse a coñecer @s gañador@s nas diferentes categorías tras a decisión do xurado constituído por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo Como escaquearse dunha comida familiar, de As cousas do Choio. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou o vídeo A expedición Balmís e a vitoria da vacinación, de Xacobe de Toro Cacharrón. E o premio á mellor canle acadouno Nubes Baixo ti. As tres categorías contan cun premio de 1000 euros.

Por outra banda, o apartado de creatividade gañouno Os cazapantasmas vídeo-facermos, de Moustache Media Producciones, mentres que eficiencia comunicativa foi para O galego Fermoso (e o que non o é tanto) de Aquel-e, a categoría da calidade técnica conquistouna Viaxar, de Aarón Vilariño Figueiras, e a categoría de calidade lingüística foi para Reivindicación oceánica, de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, entregado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, recoñeceu o vídeo Como dar cartos ás agachadas, de As Cousas do Choio. Estes catro galardóns conta cunha dotación económica de 500 euros.

O acto contou coa asistencia e participación de representantes da practica totalidade das institucións organizadoras. Deste xeito, os alcaldesde Carballo, Evencio Ferreiro; de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; de Teo, Rafael Sisto, e do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, convertéronse en entregadores/as, ao igual que a concelleira de Ames, Isabel Vaquero, e o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña Piai. Os representantes das universidades Carlos Aymerich (Universidade da Coruña), Manuel Núñez Singala (Universidade de Santiago) e Paulo Cabral Pedreira e Cristina Rodríguez Ricard (Universidade de Vigo) completaron o cadro de entregadores/as.

A Panadaría, compañía formada polas actrices Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro, ofreceron unha gala que xirou ao redor da xeración milenial, os contidos audiovisuais que se elaboran na rede na actualidade e sobre a figura dos youtubeir@s, mesturando o humor, a música e o protagonista dos/as 25 finalistas que aspiraban os premios. Pola súa banda, Mónica Fernández, coordinadora do Proxecto Youtubeir@s, destacou na súa intervención en nome da organización “a alta participación” e a “gran calidade” dos vídeos participantes nesta segunda edición. Fernández, ademais, definiu Youtubeir@s como “un proxecto colaborativo, rico en todos os aspectos, nas ideas” que permite que “as administracións, grandes e pequenas, da costa e do interior, de todas as provincias poidan xuntarse e sumar esforzos”. “Para a posta en valor e fomento do galego, coordinármonos, facermos cousas en conxunto é fundamental; así o entendemos desde os servizos de normalización lingüística que impulsamos Youtubeir@s, porque sumar é multiplicar”.

Aquí tes a gala de entrega dos #premiosyoutubeiros2018 completa, por se non puideches asistir ou queres volver a vela.

Comenta nas nosas redes sociais

Uso de cookies

Como todos os sitios de internet este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia navegando. Se continúa navegando está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies