Oferta formativa en Compostela
O Concello de Santiago ofrece seis obradoiros youtubeir@s nos centros socioculturais con 15 prazas en cada un. As persoas participantes deberán levar os seus propios aparellos.
YOUTUBEIR@S INTENSIVO
Para persoas xa alfabetizadas dixitalmente e con coñecementos mínimos de informática e manexo dispositivos móbiles (a partir de 14 anos).
Centro Sociocultural do Ensanche: sábado 27 de xaneiro de 10.30 a 13.30 e de 17.30 h a 20.30 h. Inscrición no teléfono 981 543 001
Centro Sociocultural de Vite: sábado 17 de febreiro de 10 a 13 e de 17.30 a 20.30 h. Inscrición entre o 9 e o 31 de xaneiro no propio centro.
NEOYOUTUBEIR@S
Para persoas maiores de 50 anos e non familiarizadas coa creación de contidos para YouTube.
Centro Sociocultural das Fontiñas: xoves 11 e venres 12 de xaneiro de 16.00 h a 19.00 h. Inscrición no centro ata o 5 de xaneiro
Centro Sociocultural de Santa Marta: martes 6 e mércores 7 de febreiro de 10.15 a 13.15 h. Inscrición entre o 9 e o 31 de xaneiro no propio centro.
Local Sociocultural de Laraño: xoves 22 e venres 23 de febreiro de 17.00h a 20.00 h. Inscrición telefónica no 981 542 350 ou no correo electrónico mposeo@santiagodecompostela.gal
Local Sociocultural de Lavacolla: xoves 1 e venres 2 de marzo de 17.00h a 20.00 h. Inscrición telefónica no 981 542 350 ou no correo electrónico mposeo@santiagodecompostela.gal
Estes obradoiros serán impartidos pola produtora creativa Illa Bufarda.
Apúntate!
Comenta nas nosas redes sociais