A FORMACIÓN

ilustracionformacionYoutubeir@s ofrece formación específica de videocreación impartida pola produtora creativa Illa Bufarda a entidades públicas (concellos, centros educativos, museos, etc.) en dúas modalidades:

MODALIDADE 1 – YOUTUBEIR@ PRÁCTICA

Cada participante ten o reto de crear un vídeo para calquera das dúas categorías de Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede: vídeo-facermos ou unha vídeo-opinarmos en galego durante o obradoiro.

Na primeira sesión formativa, dunha hora de duración, vemos os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos nosos dispositivos móbiles e aprendemos a mellor forma de transmitir os nosos coñecementos (guión). Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editamos o material e aprenderemos a subilo a YouTube. Entre ámbolos dous encontros formativos ofrecemos asistencia en liña para calquera dúbida que poda xurdir ata antes da segunda sesión formativa.

MODALIDADE 2 – YOUTUBEIR@ TEÓRICA

Nunha sesión formativa, de tres horas de duración, fomentamos a creatividade audiovisual para a transmisión de saberes e opinións. Coñecemos os conceptos da linguaxe audiovisual e consellos básicos para sacarlle o maior partido ós nosos dispositivos móbiles (cámara, iluminación, son, encadre e aplicacións de edición).

As entidades públicas que promovan estes obradoiros deberán facilitar unha sala ampla con proxector e wifi. Para a segunda sesión da modalidade 1 é aconsellable que haxa dispoñibilidade dunha sala con ordenadores para a edición do material audiovisual.

As youtubeiras e os youtubeiros que participen nos obradoiros teñen que traer un dispostivo que grave vídeo (teléfono móbil, tablet ou cámara).

Esta oferta formativa está dirixida a persoas maiores de 14 anos. Establécese un máximo de 20 persoas en cada obradoiro e un mínimo de 5 persoas inscritas para a realización do/s obradoiros tres días antes da data.

Máis información sobre a formación do proxecto Youtubeir@s en formacion@youtubeiras.gal

Próximos obradoiros

Modalidade Concello Lugar Datas Máis información
Práctica Pontevedra IES Torrente Ballester 1ª sesión: 23 /feb. de 12.30h a 13.30h
2ª sesión: 30/marz. de 12.30h a 14.30h
Só alumnado do centro
Práctica Teo Mediateca do Grilo
(Cacheiras)
1ª sesión: 17/marz. de 18.00h a 19.00h
2ª sesión: 24/marz. de 18.00h a 20.00h
Inscrición previa no
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo,
na Mediateca do Grilo,
no 981 815 700 Ext.: 212
e en politicalinguistica@teo.gal
Práctica Carballo IES MONTE NEME 1ª sesión: 28/marz. de 11.25h a 12.30h
2ª sesión: 4/abr. de 11.25h a 13.20h
Só alumnado do centro
Práctica Carballo Aula de informática do Pazo da Cultura
(Rúa do Pan, s/n)
1ª sesión: 28/marz. de 18.30h a 19.30h
2ª sesión: 4/abr. de 18.30h a 20.30h
Servizo de Normalización Lingüística
do Concello de Carballo
nelvidal@carballo.gal
981 704 304
Práctica Pontevedra Casa da Cultura do Lérez
(R/Leandro del Río,12)
1ª sesión: 30/marz. de 18.00h a 19.00h
2ª sesión: 6/abr. de 18.00h a 20.00h
Inscrición previa: www.pontevedra.gal/youtubeiras
Máis información: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
986863157
Práctica Ames Casa da Cultura do Milladoiro 1ª sesión: 31/marz. de 17.00h a 18.00h
2ª sesión: 7/abr. de 16.00h a 18.00h
Prazo de inscrición:
do 13 ao 24 de marzo
normalizacion@concellodeames.gal
Práctica Ames Casa da Cultura de Bertamiráns 1ª sesión: 31/marz. de 19.00h a 20.00h
2ª sesión: 7/abr. de 19.00h a 21.00h
Prazo de inscrición:
do 13 ao 24 de marzo
normalizacion@concellodeames.gal
Práctica Carballo IES Isidro Parga Pondal 1ª sesión: 5/abr. de 13.00h a 14.00h
2ª sesión: 19/abr. de 12.00h a 14.00h
Só alumnado do centro
Práctica Santiago de Compostela Seminario 331. Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) 1ª sesión: 17/abr. de 17.00h a 18.00h
2ª sesión: 24/abr. de 17.00h a 19.00h
Inscrición previa en
snlusc@usc.es ou
no teléfono 881 814 490
Práctica A Baña Escolas Vellas 1ª sesión: 19/abr. de 16.00h a 17.00h
2ª sesión: 26/abr. de 16.00h a 18.00h
Inscrición previa en
no teléfono 607 153 604 ou 981 886 501

 

youtubea-05facebookb-04correoa-02