#PROPOSTAYOUTUBEIRA

Nesta edición continúa a categoría na que son @s seguidor@s @s que propoñen os seus vídeos preferidos do Youtube para que opten ao premio do público #propostayoutubeira.

Estas propostas poderán facerse a través do correo electrónico (proposta@youtubeiras.gal) enviando as ligazóns aos vídeos que se irán facendo públicos nas diferentes redes sociais do proxecto.

Os vídeos propostos deben reunir os seguintes requirimentos, similares aos do resto de vídeo inscritos:

  • Axeitarse ás categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou vídeo-cantarmos.
  • Estar en galego.
  • Non superar os 5 minutos de duración.
  • Fican expresamente excluídos das propostas os traballos de índole comercial ou publicitaria e aqueles vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

O prazo para facer estas propostas como público é dende o 13 de febreiro ata  o 27 de setembro de 2019 ás 23.59 h.

Con todas as propostas recibidas crearase un formulario de votación que se difundirá nas redes sociais do Proxecto Youtubeir@s e que estará habilitado dende 1 ata o 14 de outubro de 2019.

Os 5 vídeos que reciban máis votos nese prazo pasarán ao xurado dos premios, que escollerá entre eles seguindo os criterios das bases xerais, o premio do público #propostayoutubeira, valorado en 500 €.

Uso de cookies

Como todos os sitios de internet este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia navegando. Se continúa navegando está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies