O PROXECTO

ilustracionconcurso-01Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Youtubeir@s busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Actualmente, Youtube é a segunda rede social máis empregada, despois de Facebook, con máis de mil millóns de usuarias e usuarios.. Toda unha xeración de “youtubers”, agora tamén de youtubeiras e youtubeiros!

Para lograr este obxectivo xorde Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede, coa fin de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais, para a súa difusión en Internet.

Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de videocreación para compartirmos os saberes todos e aprendermos a comunicar coa linguaxe audiovisual. Saca o youtubeir@ que levas dentro!

Trátase dunha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

youtubea-05facebookb-04correoa-02