Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros/as.

   Saber máis - Aceptar.

YOUTUBEIRAS 2023

Youtubeiras chega á sétima edición no 2023 para incentivar, consolidar, difundir e fortalecer a creación de vídeos en galego no YouTube. Nesta nova edición ponse o foco sobre a diversidade da comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato.

Como cada ano, convócanse de novo os Premios Youtubeiras cunha contía de 7500 euros repartidos entre oito categorías.

 

Rede aberta, rede diversa!

#YOUTUBEIRAS2023

Creatividade en liña_Creatividade en galego.

Crea, consume e comparte YouTube en galego! Participa!

Youtubeiras é unha iniciativa de dinamización lingüística organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Proxecto máis innovador 2019