FORMACIÓN

Un ano máis, o proxecto Youtubeir@s ofrece formación nalgúns dos concellos organizadores. Durante o 2019 haberá obradoiros en Ames, Moaña e Santiago de Compostela.

Nesta edición hai tres tipos de accións formativas:

As youtubeiras Laura Villaverde (Chola&Lola) e Marga Rodríguez Tilve (As Cousas do Choio) imparten, en dúas sesións de tres horas, un obradoiro para coñecer as tripas do Youtube, as súas potencialidades expresivas e o xeito de materializar as ideas en vídeos e canles nesta rede social.

A máis breve, impartida principalmente en centros de ensino, é unha sesión de 90 minutos na que a produtora Illa Bufarda achega as novidades desta edición, explica que material é preciso para crear contidos audiovisuais na Rede e como adaptar os recursos propios para converternos en Youtubeir@s.

Para afianzar ben todo o proceso creativo youtubeiro, Illa Bufarda imparte tamén outro formato, un obradoiro de longa duración con seis sesións de dúas horas a persoas maiores que non estean familiarizadas coas novas tecnoloxías. O reto neste obradoiro é experimentar co audiovisual, comunicar, pasalo ben e perder o medo á Rede e á tecnoloxía.

Uso de cookies

Como todos os sitios de internet este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia navegando. Se continúa navegando está a dar o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies