O XURADO

Manolo González

Son Manolo González

din por aí que son veterano nisto do audiovisual galego e debe ser verdade, porque comecei hai 32 neste choio. Mais tamén sei que teño a cabeza e o corazón coa xente nova, coa que paso varias horas cada día na aula, tentando converter o móbil nun bolígrafo e a Rede nunha xanela aberta para compartir todos os universos posibles entre Galicia e o mundo.

María Lado

Son María Lado

e son escritora, maiormente poeta. Dende sempre sentín gran interese pola imaxe e nun tempo fixen videopoemas nos que unía as miñas dúas grandes paixóns. Hoxe en día dedícome só a escribir. Publiquei 6 libros de poemas, unha novela e un libro para nenas e nenos, pero o fácil é verme actuar con Aldaolado, dúo poético que manteño con Lucía Aldao.

Manuel Singala

Son Manuel Núñez Singala

dirixo o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e son escritor. Hai anos que me ocupo de asuntos relacionados coa lingua galega, tema sobre o que realicei tamén algún vídeo.aaaaaaaaaaa aaaaaaaaa aaa aaaaaaaaaaaa aaaaaaaa aaaaaaa aaaa aaa aaaaaaaa aaaa aaaaaaaa aaaaaaaaa aaaa aaaa aaaa aaaa aaaaa aaa

María Yáñez

Son María Yáñez

exploradora todoterreo dos camiños que unen audiovisual e Internet, desde as novas narrativas ata a promoción e distribución. Disfruto argallando e deseñando estratexias dixitais para películas, festivais e arquivos en liña. En xeral, déixome enlear máis do que me gustaría. E aínda non sei explicarlles ben en que traballo a meus pais.aaaaaaaaaaa

Pablo Lamosa

Son Pablo Lamosa

traballei catro anos como posprodutor en Ficción Producciones, tanto en cine como en televisión. Compaxinei sempre este traballo con outras actividades como a docencia na UVigo ou a dirección técnica do FIC BUEU. Tamén participiei en proxectos web como a webserie Poetarras ou os vídeos realizados para JJ Films & Culture de Romanía.

 

youtubea-05facebookb-04correoa-02