Como é a vida youtubeira? Que significa? É un estilo de vida? Unha forma de ser? Con que escena representarías esta vivencia?
Con estas preguntas, folclore dixital, referentes culturais e humor, transcurreu este encontro creativo no que, durante seis horas, Toxío, Lilium, Neeumatiko, A Lobeira Today e A corte do director compartiron as súas reflexións e crearon colectivamente nesta actividade guiada por María Lobo e Roi Guitián, de Gingko o pasado 22 de outubro en Santiago de Compostela.
A continuación podedes ver os resultados visibles. Os invisibles? Todas as aprendizaxes que levaron para a casa e todas as colabs que virán das persoas que participaron nesta Megacolab.