DESCRICIÓN: seis horas para coñecérmonos, compartir coñecemento e crear colectivamente, facendo rede e vídeos simultaneamente. Este encontro, dinamizado por Gingko, é a colab das colabs!
IMPARTE: Gingko, formado por María Lobo e Roi Guitián, traballa na produción audiovisual e na creación dixital. Nos últimos anos, puxeron as súas ferramentas e estratexias ao servizo da educación mediática, a participación social e a cidadanía dende unha perspectiva comunitaria.
DATA: 22 de xuño
DURACIÓN: 6 horas
HORARIO: 11:00 - 14:00 horas | 16:00 - 19:00 horas
ONDE: Espazo Apego de Santiago de Compostela
PRAZAS: 20 persoas
PRAZO DE INSCRICIÓN: por determinar
REQUISITOS:
> Ser creador/a de contidos dixitais.
> Traer equipo técnico propio para gravar e editar vídeo.