Saltar ao contido
    Youtubeiras+ > Novas > novas > ARRINCA YOUTUBEIRAS+ 2024

    ARRINCA YOUTUBEIRAS+ 2024

    Neste nova edición (a oitava!), os Premios Youtubeiras traen novidades: renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok e hai novas categorías de premios!

    Os premios, cuxas bases están publicadas aquí, repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de YouTube, canle de TikTok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. O prazo de inscrición está aberto até ás 23.59 horas do 15 de novembro e faise a través deste formulario.

    Para o Premio do Público, calquera poderá presentar suxestións a través deste formulario até o 15 de novembro. Ninguén poderá propor como candidatos os seus propios vídeos . Con todas as candidaturas recibidas crearase un formulario de votación que se difundirá polas redes sociais de Youtubeiras+ e estará habilitado do 25 de novembro ao 5 de decembro.

    Temos de novo nesta edición as actividades formativas de Youtubeiras+, baixo o título Fiadeiros Dixitais, impartiranse obradoiros en centros de ensino cos obxectivos de dar a coñecer o que se se está a facer na Rede no noso idioma, mostrar referentes, incentivar a creación de vídeos en galego e fomentar o seu consumo nas novas xeracións. Estes obradoiros serán impartidos por Mario Brión, coñecido pola súa canle Olaxonmario; María Rúa, da canle Pradorua; Nuria Espasandín e Sergio Casal, da canle Toxío; Laura Veiga, da canle Pingando, e Carlos Vieito, presentador do podcast de vídeo Exército Mekemeke. Máis información aquí.

    Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *