1.- ORGANIZACIÓN
Maos Innovación Social, S. Coop. Galega con domicilio na Avenida Rodríguez de Viguri, 6, 1º, Santiago de Compostela, e identificada co número CIF F70407549 organiza o sorteo (en adiante, “a promoción”) para o ámbito estatal español, a desenvolver a través da Internet, exclusivo para persoas usuarias residentes no Estado español, de acordo co disposto nos requisitos de participación do punto 3, “Participación e desenvolvemento”.
2.- DATAS DA PROMOCIÓN
A promoción iniciarase o 30/09/24 á hora de publicación do vídeo que anuncia dita promoción na conta de TikTok de Youtubeiras+ e finalizará o 12/10/24 ás 23:59 horas. Maos Innovación Social resérvase a facultade de non proceder a levar a cabo a acción promocional se para a data reflectida de comezo da mesma non se rexistrou unha participación superior a 10 persoas. De igual maneira, Maos Innovación Social poderá ampliar a finalización da acción promocional por 1 semana máis, se non alcanza a participación desas 10 persoas usuarias.
3.- PARTICIPACIÓN E DESENVOLVEMENTO
Os requisitos de participación serán os seguintes:
- Poderán participar aquelas persoas que residan no Estado español e sexan maiores de 18 anos.
- Só poderán participar aquelas persoas que sexan titulares dun perfil en TikTok.
- As persoas participantes deberán ser seguidoras da conta de TikTok de Youtubeiras+ durante o período de duración da promoción.
- Ademais, as persoas participantes deberán comentar a publicación da marca na rede social TikTok etiquetando dúas amizades durante o período de participación.
4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Elixirase unha persoa gañadora en TikTok por medio de App-Sorteos Online de forma aleatoria e comunicarase o 14/10/24 a través do perfil social da marca, xunto co certificado de validez do sorteo.
O premio consistirá en dúas entradas para asistir á comedia teatral Go Home, do venres 18 de outubro, ás 20:30 h na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) para a persoa gañadora. O lugar de recollida do premio acordarase coa persoa gañadora, ben a través dun punto de recollida en Compostela, ben a través de envío postal.
O premio non se poderá trocar por diñeiro en metálico ou por calquera outro premio, nin pode ser obxecto de troco ou alteración. Maos Innovación Social gárdase o dereito de modificar o premio se ao día de declarar á persoa participante como gañadora existisen problemas de stock do mesmo e, por tanto, imposibilidade de poder entregar o mesmo.
A persoa gañadora poderá contactar con Maos Innovación Social durante o prazo de 7 días a contar desde a data na que se anuncie a resolución do sorteo. En caso de que no prazo estipulado non se producise tal contacto procederase a contactar cunha persoa suplente.
No momento de contactar coa persoa gañadora pediremos os seus datos para poder xestionar a entrega do premio.
A realización do sorteo, así como a concesión do premio fican suxeitos á normativa fiscal vixente.
5.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se chega a evidenciarse que calquera das persoas participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas bases, ou os datos proporcionados para participar non foren válidos, a súa participación considerarase nula e ficarán automaticamente excluídas da promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta promoción.
Maos Innovación Social resérvase o dereito de declarar o sorteo deserto.
6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puideran vulnerar os dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito de honra, de intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan as persoas participantes na promoción, e que en calquera momento puideren ferir a sensibilidade doutras persoas participantes.
A participación na presente promoción, así como a publicación dos comentarios que se realicen por parte das persoas participantes nas publicacións non poderán vulnerar baixo ningún concepto as Regras comunitarias de Instagram nin as Condicións de uso de Instagram.
Se Maos Innovación Social descobre o emprego de medios fraudulentos para a participación, tales como o emprego de bots nos comentarios, o premio non lle será adxudicado e continuará sendo propiedade de Maos Innovación Social.
7.-EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga a persoa participante respecto do premio que obteña desta promoción.
Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puideren impedir a realización da promoción ou o desfrute total ou parcial do premio.
En caso de que esta promoción non puidese realizarse, ben por fraudes detectados na mesma, erros técnicos, ou calquera outro motivo que non estea baixo o control de Maos Innovación Social e que afecte o normal desenvolvemento do concurso, reservámonos o dereito a cancelar, modificar, ou suspender a mesma, incluíndo a páxina web de participación.
Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. A persoa participante está proporcionando a súa información a Maos Innovación Social.
8.- PROTECCIÓN DE DATOS
O responsable do tratamento dos seus datos é Maos Innovación Social, s. Coop. Galega con domicilio na Avenida Rodríguez de Viguri, 6, 1º, Santiago de Compostela, e identificada co número CIF F70407549.
De conformidade co establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, cada participante coa aceptación destas Bases Legais consinte que os seus datos persoais sexan incorporados a un ficheiro, titularidade desta, coa finalidade de xestionar o sorteo, así como difundir e dar publicidade aos seus resultados, e tramitar a entrega do premio.
Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación do tratamento, Portabilidade, esquecemento e a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas mediante o envío de un email a maos@maos.gal ou ben mediante carta dirixida ao enderezo arriba indicado achegando en ambos casos copia dun documento de identificación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, a persoa participante terá dereito a presentar unha reclamación perante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, en caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é adecuado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.
É por isto que a persoa participante declara estar informada das condicións sobre protección de datos persoais aceptando e consentindo o tratamento.
9.- MODIFICACIÓNS E ACEPTACIÓN
Reservamos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos das persoas participantes na promoción.
O mero feito de participar no sorteo implica que a persoa participante acepta totalmente as condicións destas Bases Legais. Así mesmo, a participación nun sorteo desta natureza supón a aceptación das normas de Instagram a través das cales se desenvolve o mesmo.
10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puider formularse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os xulgados e tribunais da cidade de residencia da persoa participante.