Saltar ao contido
Youtubeiras+ > Recursos

Recursos

Multiplicamos o talento por 10, 100, 1000! Como? Nesta décima edición de Youtubeiras+ ofrecemos pequenas pílulas formativas para persoas coma ti: se xa creas contido para redes, se estás a cociñar algún proxecto ou se simplemente tes ganas de comezar e queres facelo moi, moi ben (e, sobre todo, gozando do proceso), este é o teu sitio. Profesionais da creación de contidos do ecosistema dixital galego compartirán os seus truquis e aprendizaxes para contares, creares e estares nas redes.

E se aínda andas á procura de referentes, ou non tes claro se queres amosar o fociño nas redes, tamén temos unha pílula de iniciación pensada de xeito especial para o profesorado e a comunidade educativa. Unha primeira achega para entender as redes como un recurso educativo vivo e levar contigo algúns consellos que che axuden a decidir se este mundo é para ti.

📅 Os mércores 7, 14 e 21 de outubro, ás 19.00 h
💻 En liña
🎟️ De balde, previa inscrición

Agora só falta que veñas multiplicar o talento connosco. Obtén máis sobre cada formación premendo nos botóns +info.

Crear contido con estratexia: das ideas ás redes sociais

con Nuria Grandío

Formación para sentar ou repensar as bases da nosa comunicación en redes e facela sostible no tempo.

Data: 14 de outubro de 2026 | 19 h

Duración: 1.30 h

Carga os teus coñecementos
90%
Conecta en galego, con Nee Barros.
Crear contido con estratexia, con Nuria Grandío (Konachadas).
Como ser unha “turras” sen parecelo, con María Prado Rúa.
Decálogo para unha navegación en galego.
Posicionamento, con Adrián Suárez.
Sácalle partido ao encadramento, non sexas cutre, con Inés Salvado.
Ideas para facer un vídeo, con Brais Doval.
Edición vídeo con Shotcut (2/3), con Illa Bufarda.
Aspectos legais, con Bárbara Román.
Amoríos legais co Youtube: citas, licenzas e propiedades, con Barbara Román.
Consellos lingüísticos, con Anxos Sobriño
Como escoller temas para YouTube, con Laura Cruxeiras.
Edición vídeo con Shotcut (3/3), con Illa Bufarda.
YouTube e son, con Xoán Escudero.
Para repetir fórmulas inventadas xa está a televisión, con Tomás Lijó.
Recursos da rede para vídeos, con Adrián Dios.
Edición vídeo con Shotcut (1/3), con Illa Bufarda.
Consellos técnicos, con Iván Capón.

Carga a túa inspiración
87%
con @histerikashistoricas
con @aLobeiratoday
con @pingando_gal
con @toxio
con @cousxs
con @neeumatiko
con @cousasrarismasmr
con @neeumatiko
con @toxio
Carga os teus recursos
75%