A situación sanitaria da COVID-19 e o confinamento das persoas marca a cuarta edición de Youtubeir@s, que se centrou na parte máis virtual do proxecto co propósito de canalizar a vitalidade creativa das posibles persoas receptoras, ampliando as temáticas e referentes do YouTube en galego, tal como se marcou co lema: “A expandir a rede”.
Neste ano, rexistrouse a máxima participación de vídeos ao certame até agora, duplicando case a da edición pasada e alcanzando un total de 536 vídeos presentados de 113 persoas creadoras. Tamén houbo un maior participación no voto do público, sendo 5.615 persoas as que participaron deste proceso. Brais Romero, Mabel Montes, Matías Tarrío, Rosa Moreiras e Xoana avaliaron as canles e vídeos presentados, como membros do xurado, para outorgar os 12 premios desta edición.
A gala de entrega de premios foi substituída pola emisión dunha serie de entrevistas con finalistas e gañadoras conducidas por Lucía Aldao e María Lado.
Esta edición estivo organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
PALMARÉS PREMIOS YOUTUBEIR@S 2020
- Premio Youtubeir@: Olaxonmario
- Premio Canle: Pradorua
- Premio Vídeo: Aarón Vilariño por “O cabalo de Alberte Merlo”
- Premio Impacto: Aquel-e por “Xogando con ANA PONTÓN aos Sims”
- Premio Calidade Lingüística: Cativos na Cociña por “As patacas do paraíso”
- Premio Calidade Técnica: Antón Varela por “Os Vinte do XX”
- Premio Comunicación: Un Rapá Transquilo
- Premio Creatividade: O Son das Ideas
- Premio Musical: FØ Records por “Lume (feat. Camel Blando)”
- Premio Didáctico: Naturiza
- Premio Pioneiro: Cousas RarismASMR
- Premio do Público: Pablo Rodríguez Vila por “APPS para DOCENTES de PRIMARIA/SECUNDARIA”
ENTREVISTAS FINALISTAS
Aldaolado entrevistan aos finalistas do Premio Youtubeir@:
- María Rúa (Pradorua)
- Mario Brión (Olaxonmario)
- Éric Dopazo (Un rapá Transquilo)
Aldaolado entrevistan aos finalistas do Premio Canle:
- María Rúa (Pradorua)
- Darío Lago (O Son das Ideas)
- Éric Dopazo (Un rapá Transquilo)
Aldaolado entrevistan aos finalistas do Premio Vídeo:
- Aarón Vilariño
- Alberta Álvarez (Cativos na Cociña)
- Ana Lamas (A Lobeira Today)
ENTREVISTAS GAÑADORAS
Aldaolado entrevistan xs gañadorxs dos premios:
- Público | Pablo Rodríguez Vila
- Vídeo | Aarón Vilariño
- Canle: María Rúa (Pradorua)
- Youtubeir@: Marío Brión (Olaxonmario)
Aldaolado entrevistan xs gañadorxs dos premios:
- Pioneiro | Helena Antía López (Cousas RarismASMR)
- Didáctico: Diego Ferraz (Naturiza)
- Musical: Álvaro Alvite (FØ Records)
- Impacto | Miguel S. Conde (Aquel-e)
Aldaolado entrevistan xs gañadorxs dos premios:
- Calidade Lingüística | Tita Álvarez (Cativos na Cociña)
- Calidade Técnica | Antón Varela
- Creatividade | Darío Lago (O Son das Ideas)
- Comunicación | Éric Dopazo (Un Rapá Transquilo)