Saltar ao contido
Youtubeiras+ > Formacións Youtubeiras+

Formacións Youtubeiras+

Multiplicamos o talento por 10, 100, 1000! Como? Nesta décima edición de Youtubeiras+ ofrecemos pequenas pílulas formativas para persoas coma ti: se xa creas contido para redes, se estás a cociñar algún proxecto ou se simplemente tes ganas de comezar e queres facelo moi, moi ben (e, sobre todo, gozando do proceso), este é o teu sitio. Profesionais da creación de contidos do ecosistema dixital galego compartirán os seus truquis e aprendizaxes para contares, creares e estares nas redes.

E se aínda andas á procura de referentes, ou non tes claro se queres amosar o fociño nas redes, tamén temos unha pílula de iniciación pensada de xeito especial para o profesorado e a comunidade educativa. Unha primeira achega para entender as redes como un recurso educativo vivo e levar contigo algúns consellos que che axuden a decidir se este mundo é para ti.

📅 Os mércores 7, 14 e 21 de outubro, ás 19.00 h
💻 En liña
🎟️ De balde, previa inscrición

Agora só falta que veñas multiplicar o talento connosco. Obtén máis sobre cada formación premendo nos botóns +info.

Crear contido con estratexia: das ideas ás redes sociais

con Nuria Grandío

Formación para sentar ou repensar as bases da nosa comunicación en redes e facela sostible no tempo.

Data: 14 de outubro de 2026 | 19 h

Duración: 1.30 h