Saltar ao contido
    Youtubeiras+ > Novas > novas > GALA DOS PREMIOS YOUTUBEIRAS+ 2025

    GALA DOS PREMIOS YOUTUBEIRAS+ 2025

    Chegamos á novena edición destes premios abrindo a participación do certame a todas as redes sociais e con novas categorías, facendo especial fincapé no mundo do podcast.

    Un total de 126 canles participaron no certame 2025, sumando contidos en galego ás diversas plataformas e espallando a nosa lingua nas diferentes temáticas.

    Nesta novena edición, a gala de entrega de premios Youtubeiras+ contará coa gravación ao vivo do capítulo 1 do Podcast Youtubeiras+.

    Será o sábado 7 de febreiro de 2026 no Teatro Jofre de Ferrol ás 19 h e estará presentada por Leila Fernández (O faiado podcast) e Carlos Vieito (Exército Mekemeke). Ademais contará co acompañamento musical de Russ e haberá interpretación en lingua de signos.

    Alborota o algoritmo

    O lema da novena edición está pensado baixo a idea de espallar a creación de contidos en galego nas redes, co que buscamos levar adiante unha edición irreverente, que non só rompe as barreiras das redes, senón que tamén racha co algoritmo, que determina como e que contidos se mostran na Rede, invisibilizando o noso idioma e penalizando as persoas que crean contidos en galego.

    Previa á gala

    Aproveita a previa da gala para posar diante da cámara, cubrir a túa propia quiniela sobre quen cres que serán as canles vencedoras e responder ás preguntas de Gabri Fuentes en directo para as nosas redes sociais. A partir das 18 h no Teatro Jofre.

    Queres asistir?

    As entradas son de balde e estarán dispoñíbeis para todo o público en ataquilla.com desde o día 3 de febreiro. Tamén poderás conseguilas na billeteira do Teatro Jofre no propio día.

    Para facilitar a asistencia, creamos unha folla para facilitar compartir vehículo e tamén fretamos un autobús gratuíto desde Santiago de Compostela. Este último está reservado inicialmente para persoas representantes de canles finalistas, e poremos ao voso dispor as prazas que fiquen libres a partir do 26 de xaneiro de 2026.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *