A novena edición de Youtubeiras+ contou con novas categorías de premios e presentouse baixo o lema “Alborota o algoritmo” pensado baixo a idea de espallar a creación de contidos en galego nas redes, co que se levou adiante unha edición irreverente, que non só rompe as barreiras das redes, senón que tamén racha co algoritmo, que determina como e que contidos se mostran na Rede, invisibilizando o noso idioma e penalizando as persoas que crean contidos en galego.
O xurado, conformado por Carlos Pereiro, Jon Amil, María Rúa, Mónica Fernández e Uxío Broullón, seleccionaron finalistas e gañadories entre as 126 canles presentadas nesta edición. Tamén se encargou de ratificar o premio do público para o que se propuxeron 49 vídeos, entre os que se repartiron os 2.326 votos emitidos.
O 7 de febreiro de 2026 Leila Fernández e Carlos Vieito conduciron a gala de entrega de premios desta edición, celebrada no Teatro Jofre de Ferrol a modo de pódcast, onde entrevistaron a María Rúa, gañadora do premio Creación de Contidos da edición anterior, a David Ramos, Leti do Chinto e David Gesteira (Descifrando a historia) por ser tres das persoas que máis alborotaron o algoritmo no último ano. O evento estivo acompañado pola música en directo de Russ, quen preparou unha sintonía de cabeceira a partir dos vídeos das persoas premiadas neste certame nos dúas últimas edicións.
Ademais, contamos cun extra de actividades: Petiscos, posadoiro, quiniela e directo en redes sociais para o que contamos con Gabri Fuentes.
Esta edición estivo organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
PALMARÉS PREMIOS YOUTUBEIRAS+ 2025
- Premio Revelación | O búnker debuxos
- Premio Rede | ChutenMeme
- Premio á Calidade Lingüística | @patriiotero
- Premio do Público | “Cada historia, unha vida” – 25N no CEIP de Tarrío de Xurxo Varela
- Premio ao Mellor Pódcast | Fóra de mapa Podcast
- Premio á Mellor Canle | Rodri Míguez
- Premio á Creación de Contidos | Konachadas
GALERÍA DE IMAXES
Así se desenvolveu a gala:
Búscate no posadoiro:
Fotos La Diapo.



































































































































































