Saltar ao contido
Youtubeiras+ > Palmarés histórico

Palmarés histórico

Aquí encontrarás unha recompilación das canles e persoas gañadoras de todas as edicións dos premios Youtubeiras e Youtubeiras+.

A Lobeira Today

Canle comprometida coa visibilización e difusión daquelas que fan contido en galego no YouTube; e tamén con xerar contido de tipo entrevistas, entretemento e mesmo divulgación noutras redes.

2022 | Premio Rede.

Aarón Vilariño

Canle do creador Aaron Vilariño con videoclips, reels e outras pezas audiovisuais.

2018 | Premio Calidade Técnica por “Viaxar”.

2019 | Premio Vídeo-facermos por “O radon: modais para un gas nobre”.

2019 | Premio Calidade Técnica por “Os Novos. Quero Fugir”.

2020 | Premio Vídeo por “O cabalo de Alberto Merlo”.

Antón Varela

Vídeo realizado para Vinte na Praza co fin de afondar na consolidación do nacionalismo galego a través das Irmandades da Fala. 

2020 | Premio Calidade Técnica por “Os 20 do XX”.

Aquel-e

Canle actual de Aquel-e, un dos primeiros en chegar ao Youtube en galego.

2018 | Premio Eficiencia Comunicativa por “O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)”.

2019 | Premio Canle.

2020 | Premio Impacto por “Xogando con Ana Pontón aos Sims!”.

As Cousas do Choio

Web serie de humor na que o Choio nos ensina as cousas importantes da vida.

2018 | Premio Vídeo-Facermos por “Como escaquearse dunha comida familiar”.

AstroXabi

Canle de divulgación sobre astronomía e experiencias persoais.

2021 | Premio Comunicación.

Blanca e Tinta

Canle do dúo musical de Antía Alberte e Laura Cruxeiras, Blanca en Tinta, con videoclips e concertos.

2019 | Premio Vídeo-Cantarmos por “O Queimaserebros”.

Cativos na Cociña

Canle de cociña e de promoción do produto gastronómico galego da man de Antonio, un neno acabado de chegar ao Grove.

2019 | Premio Creatividade.

2020 | Premio Calidade Lingüística por “As patacas do paraíso”.

Chutenmeme

Canle de memes artesanais, debuxos satíricos e dobraxes.

2025 | Premio Rede.

Corasón de Churrasco

Canle de cociña e humor. Elas mesmas se describen así: “Resetas delicatessen e Estrellas Mijelín a capachos”.

Cousas RarismASMR

Canle de ASMR en galego creado por Helena Antía López.

2020 | Premio Pioneiro.

2021 | Premio Creatividade.

Cousxs

Canle musical de Carlos Barcia na que se poden atopar covers, titoriais, historia, composicións propias, unboxings

2021 | Premio Musical.

Exército Mekemeke

Podcast que desbloquea cada semana todos eses bos recordos dos nenos e nenas dos 90s

2024 | Premio Canle de YouTube.

Falemos do Reino de Galicia

Webserie de divulgación histórica conducida polo Doutor en Historia e profesor da materia no ensino obrigatorio, Carlos Lixó.

2022 | Premio Calidade Lingüística.

Fica coa Bóla

Canle sobre fútbol que divulga e visibiliza os diferentes clubes e equipos galegos.

2023 | Premio Pioneiro.

Flow do Toxo

Canle musical de catro feministas, musicalmente falando.

2019 | Premio do Público por “Flow do Toxo”.

Fóra de Mapa

O pódcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

2025 | Premio Pódcast.

FØ Records

Canle do grupo musical que leva o mesmo nome.

2020 | Premio Musical por “Lume (feat. Camel Blando)”.

Galiactiva

Canle dedicada ao fitness, 100% en galego.

2024 | Premio Revelación

Histérikas Histórikas

Videoposcast de contidos feministas e de visibilización de proxectos liderados por mulleres. 

2022 | Premio Youtubeira/o Revelación.

Jun Dinamita

Canle persoal, reflexiva e con pezas de ficción nas que o humor nunca falta.

2017 | Mención Honorífica Enxeño e Creatividade por “SmartFol G6 Unha REVIEW moi especial”.

Konachadas

Canle variada que difunde marcas locais, plans e que nos achega o seu día a día con toques de reivindicación, humor e retranca.

2025 | Premio Creación de Contidos.

Luís do Río

Canle sobre como facer instrumentos musicais con plantas, cestaría, contos e lendas.

2024 | Premio Calidade Lingüística.

Michael Mood

Canle profesional, de reflexión e experimentación creativa.

2017 | Mención Honorífica Calidade Técnica por “A noite“.

MJ Pérez

Canle de videoclips da artista.

2019 | Premio Eficiencia Comunicativa por “Rosalía ft. Rosalía – Malaxente (MJ Cover) de MJ Pérez”.

Moustache Media Producciones

Canle de produción de audiovisuais desde Galicia.

2018 | Premio Creatividade por “Os cazapantasmas”.

Naturiza

Canle de divulgación sobre ciencia e educación ambiental.

2020 | Premio Didáctico.

Neeumatiko

Canle de divulgación cultural que se centra en literatura, música en galego, e nas realidades LGBTIQA+.

2021 | Premio Calidade Lingüística.

2022 | Premio Youtubeire.

Nubes Baixo Ti

Canle onde podes atopar vídeos falando de temas diversos, recomendacións de libros e series, fotografía, algo de música…

2018 | Premio Canle.

O Búnker Debuxos

Webcomic no que Anxo e Fina viven nun búnker despois da apocalipse nuclear.

2025 | Premio Revelación.

O Faiado Podcast

Podcast sobre cultura pop e outros temas, que pasan máis desapercibidos nos medios de comunicación.

2023 | Premio Revelación.

O Galego Mola

Canle onde se fala de viaxes e gastronomía en Galicia.

2017 | Mención Honorífica Eficiencia Comunicativa por “Tortilla de Pascua #ogalegomola”.

O Rabelo

Canle de vídeos de rap, improvisación e opinión arredor distintos temas.

2019 | Premio Calidade Lingüística por “21 días improvisando”.

O Son das Ideas

Canle de divulgación científica, centrada na física e realizada en animación.

2020 | Premio Creatividade.

2021 | Premio Canle.

Olaxonmario

Canle de temas diversos entre os que destaca a lingua, cultura pop e identidades disidentes; con entrevistas, comentarios de opinión, reaccións…

2020 | Premio Youtubeira/o.

2021 | Premio Youtubeira/o.

2021 | Premio Vídeo por “Por que é que non entendo o português?”.

2023 | Premio Calidade Lingüística.

Orgullo Galego

Canle de actualidade, denuncia, reflexión e historia sobre Galicia e as súas tradicións. 

2021 | Premio do Público por “Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia”.

2024 | Premio do Público por “A Revolución Galega de 1846”.

OU ké!

Medio dixital que está a facer Ourense máis accesible á súa cidadanía, especialmente á mocidade.

2023 | Premio Canle.

Pablo Rodríguez Vila

Canle con contido específico de procedementos e recursos para o profesorado galego.

2020 | Premio do Público por “Apps para Docentes de PRIMARIA / SECUNDARIA”.

2021 | Premio Impacto.

Patri Otero

Canle que tenta darlle visibilidade a temáticas silenciadas e levar á reflexión.

2025 | Premio Calidade Lingüística.

Pingando

Canle de educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. 

2022 | Premio Pioneiro.

Piratas sen Parche

Canle do grupo musical que leva o mesmo nome.

2022 | Premio Vídeo por “Eduardita”.

Pradorua

Canle ecléctica que flúe entre o académico e o persoal da súa creadora. Nela pódense atopar vídeos de opinión, unboxings, maquillaxe, peiteados, receitas, música, etc.

2020 | Premio Canle.

2024 | Premio Creación de contidos.

Recuncho Gamer

Canle de divulgación de viodeoxogos retro e actuais.

2021 | Premio Pioneiro.

2023 | Premio Youtubeira.

Rebelico Revista

Revista online de cultura tradicional galega.

2024 | Premio Rede.

Rodri Míguez

Canle de divulgación de contidos sobre música en galego e festivais, con actualidade, entrevistas, recomendacións…

2025 | Premio Canle.

Sara Seco

Creadora de vlogs e vídeos de lifestyle en Tiktok.

2024 | Premio Canle de TikTok.

Savia Nova

Canle de divulgación e comunicación ambiental.

Teño unha Horta en San Sadurniño

Teño unha horta en San Sadurniño é un grupo de mulleres que difunden e comparten o coñecemento e a experiencia dos traballos no campo. O colectivo nace na Aula Cemit do seu concello.

2017 | Premio Vídeo-Opinarmos por “Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca”.

2021 | Premio Impacto.

Todomalva GZ

Canle de temas diversos, que se define como “Persoa adulta que fai tiktoks”.

2023 | Premio Vídeo por “unha fin de semana en londres”.

Toxío

Canle de viaxes atravesadas polos valores éticos e emocionais das súas creadoras, Sergio e Nuria.

2021 | Premio Calidade Técnica.

2022 | Premio Canle.

Un Rapá Transquilo

Canle na que Éric Dopazo relata e reflexiona arredor da identidade, da súa transición e na que ademais se pode ver a transformación da súa voz nos diversos covers que vai compartindo.

2021 | Premio Pioneiro.

2020 | Premio Comunicación.

Xabi Gómez

Canle de música e lingua.

2022 | Premio do Público por “Bembibre coas Tanxugueiras“.

XeoClip

Publicación de materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor Xacobo de Toro e persoas colaboradoras. Tamén atoparás listas de reprodución para diferentes unidades didácticas de ciencias.

2017 | Mención Honorífica Calidade Lingüística por “Seis pasos para falar malpicán”.

2018 | Premio Vídeo-Opinarmos por “A expedición Balmis e a vitoria da vacinación”.

2019 | Premio Vídeo-Opinarmos por “Formación dos cantís. Praia das Catedrais”.

2021 | Premio Didáctico.

Xosé Iglesias

Canle dun mariñeiro poeta da Galiza.

2018 | Premio Calidade Lingüística por “Reivindicación oceánica!!!”.

Xurxo Varela

Canle do mestre Xurxo Varela.

YouTube en Galego

Canle da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, unha comunidade de persoas que crean contidos en galego na plataforma de YouTube.

2023 | Premio Rede.