Saltar ao contido
Youtubeiras+ > Programas de edición de vídeo

Programas de edición de vídeo

Youtubeir@s do mundo mundial! Unha cuestión importante para todas as persoas youtubeiras é a edición do vídeo. Non si?

Non é tarefa sinxela dar co progra ideal e dependendo de cada entorno, da experiencia de cada quen ao editar e de cada equipo existen diferentes opcións que explicamos a continuación:

  • EDICIÓN COA PROPIA CÁMARA. Case todos os móbiles contan con esta ferramenta que nos permite editar vídeo de forma sinxela e moi moi fácil. Gravamos, pausamos, seguimos gravando, paramos, seguimos gravando e temos un vídeo con diferentes planos editados! A edición é en directo e non nos dá moita marxe de manobra para logo rectificar pero é unha boa solución para vídeo sinxelos e curtos e para persoas que comezan a experimentar nisto dos vídeo co móbil.
  • SHOT CUT. Este programa de edición é libre, gratuíto e multiplataforma (podes empregalo tanto en entorno Windows como Linux ou Mac). Ten moitas posibilidades e é moi intuitivo. O único “pero” é que ás veces é moi inestable, isto require gardar o proxecto cada moi pouco tempo. Este é o programa que se emprega nas formación de Youtubeir@s, a súa instalación é moi sinxela e rápida e contades con tres vídeotitoriais na canle de Youtubeir@s.
  • OPENSHOT. Este programa é libre e gratuíto e está disponible para descargar en Linux, OS X, e Windows. A súa interface é moi sinxela e intuitiva. Como o anterior, tamén acostuma ser algo inestable e ás veces péchase de repente. Aconsellamos gardar o proxecto cada moi pouco tempo.
  • MOVIE MAKER OU IMOVIE. Rebusca nos programas do teu ordenador! Estes dous acostuman vir instalados de serie nos ordenadores de Windows ou Mac, respectivamente. Son moi básicos pero axudan a mellorar os vídeos con títulos, efectos, músicas…
  • YOUTUBE EDITOR. A través das funcionalidades de mellora do Youtube podes tamén facer pequenas alteracións no vídeo, cortalo, incorporar música e subtítulos e aplicar filtros. Cumple máis función de posprodución (“poñer bonito o vídeo”) máis que de edición propiamente dito (que ten máis que ver co quebracabezas que supón darlle orde aos teus planos)
  • ADOBE PREMIERE CLIP. É o fillo pequeno dun dos programas de edición profesional máis potentes. Agora ten dispoñible unha app para editar directamente dende o móbil/tablet Android, non deixa marca de auga e é gratuíta. Cando abres un proxecto podes elixir personalizalo elixindo a opción “free form” ou empregar configuracións preestablecidas. Ten moitas posibilidades e permite sincronizar os proxectos con outros dispositivos. Require darte de alta en Adobe co teu correo electrónico.
  • FILMORA GO. Ten unha versión gratuíta pero que deixa marca de auga ao final (pódese cortar ese anaco! hehe) Funciona bastante ben en tablets e ten unha interface moi visual.

Agardamos que sexa proveitosa esta nota e que participedes nos comentarios se queredes achegar máis información e experiencias que non estean aquí recollidas. A editar, youtubeir@s!

* Texto creado en 2018