Despois de dez anos apoiando e apostando polas persoas que crean contidos en galego na rede, Youtubeiras+ chega á súa décima edición baixo o lema: Dez anos en rede. Unha edición que pretende celebrar o talento das persoas que crean contido nas redes sociais á vez que recoñecer o traballo daquelas persoas pioneiras no uso do galego en Internet.
Xa podes consultar as bases do certame aquí. O prazo de inscrición estará aberto até ás 23.59 horas do 15 de novembro a través deste formulario.
Como todos os anos, calquera persoa pode presentar suxestións para o Premio do Público, a través deste formulario até o 15 de novembro. Ninguén poderá propor como candidatos os seus propios vídeos. Con todas as candidaturas recibidas crearase un formulario de votación, habilitado do 23 de novembro ao 4 de decembro.
Atopa toda a información no apartado de inscrición da nosa web.
Que estes dez anos de percorrido histórico polo certame sirvan de impulso para outros dez máis de expansión do galego nas redes!
