5. PREMIOS
Establécense 12 premios: 3 principais, valorados en 1000€ cada un; e 9 premios de 500€ cada un. Un total de 7500 € en premios.
CANLE, premio dotado con 1000 €. Optan a este premio as canles presentadas.
YOUTUBEIR@, dotado con 1000 €. Optan a este premio creadores e creadoras das canles presentadas. Valorarase a calidade dos contidos, a calidade técnica e lingüística, a eficiencia comunicativa, a creatividade, a capacidade de creación de comunidade e a repercursión dos contidos creados.
VÍDEO, dotado con 1000 €. Optan a este premio os vídeos presentados. Valorarase a calidade dos contidos, a calidade técnica e lingüística, a eficiencia comunicativa, a creatividade e a repercusión do vídeo.
CALIDADE LINGÜÍSTICA, dotado con 500 €. Optan a este premio os vídeos e as canles presentadas. Valorarase a calidade e o coidado da lingua (en todas as súas variantes dialectais) a nivel fonético, gramatical e lexical.
IMPACTO, premio dotado con 500 €. Poden optar a este premio os vídeos e as canles presentadas e valorarase a repercusión dos contidos.
CALIDADE TÉCNICA, premio dotado con 500 €. Poden optar a este premio as canles e os vídeos presentados que destaquen por aspectos como a imaxe, o son, a montaxe…
COMUNICACIÓN, premio valorado con 500 €. Optan a este premio os vídeos e as canles presentadas que mellor transmitan a súa mensaxe aproveitando todos os recursos da linguaxe a audiovisual e os recursos do propio Youtube.
CREATIVIDADE, premio valorado con 500 €. Optan a este premio os vídeos e canles presentadas. Valorarase o uso dos recursos creativos e a capacidade de xerar novas ideas, formatos e contidos.
MUSICAL, premio valorado con 500 €. Optan a este premio os vídeos musicais (creación propia, covers, versións, flashmob...) e canles musicais compostas unicamente por este tipo de pezas.
DIDÁCTICO, premio valorado con 500 €. Optan a este premio vídeos e canles con contidos didácticos e explicativos, útiles para a docencia e a divulgación.
PIONEIRO, premio valorado con 500 €. Este premio pode ser outorgado a un vídeo ou a unha canle. Valorarase o feito de que introduza a lingua galega nun campo no que é pouco usada.
DO PÚBLICO, valorado con 500 €. Este premio outorgarase ao vídeo máis votado proposto polo público. Resultará gañador aquel vídeo que despois dun proceso de votación na Rede e a ratificación do xurado, consiga máis votos. Publicaranse estas bases específicas na web do proxecto.
Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición do vídeo.
Cada persoa participante pode recibir máis dun premio e se o xurado así o considera pode haber premios compartidos.
Ningún dos premios quedará deserto.
As contías serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.