Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros/as.

   Saber máis - Aceptar.

BANCOS DE IMAXES para teus vídeos do Youtube

Seguro que pensaches máis dunha vez en abrir esa canle de Youtube que tantas voltas che dá na cabeza e que acabas adiando porque non queres saír no vídeo, non tes cámara, non podes desprazarte a gravar outras localizacións ou queres expresar algo en imaxes e non atopas recursos preto de ti.

 

Non hai desculpa para non compartir co mundo tanta vida interior e tanta creatividade. Saca proveito de fotografías, debuxos, marionetas, títulos e da morea de recursos que podes atopar en liña para facer ou completar os teus vídeos. 

 

Sabías que hai unha chea de páxinas web que ofrecen vídeos gratuítos para usar nas túas creacións? Dámosche a benvida aos bancos de imaxes! 

 

Videezy: esta plataforma contén un dos catálogos máis amplos de vídeos dispoñibles en liña, pero has ter coidado, xa que nalgúns deles é preciso citar o autor ou autora. Podes buscar por palabras ou navegar por diferentes categorías. 

https://es.videezy.com/

 

Pixabay: un dos portais máis concorridos na Rede que ofrece fotos, ilustracións, vectores e vídeos sen dereitos de autoría para descargar sempre que o desexes.  Atopa o que precises a través das ferramentas de busca en función do tamaño, orientación, cor, categorías etc. 

https://pixabay.com/es/

 

Videvo: no seu arquivo podes atopar recursos libres e gratuítos de vídeos, gráficos animados, música e efectos de son. Presta atención ao tipo de licenza de cada arquivo  e dálle liberdade á túa imaxinación. 

https://www.videvo.net/

 

Pexels: unha web cunha imaxe limpa e moi fácil de usar para procurar vídeos con boa calidade técnica. As súas licenzas son completamente libres, non é preciso citar a autoría e podes modificar os vídeos como queiras. 

https://www.pexels.com/es-es/

 

Life of vids ofrece os seus vídeos ordenados por coleccións para facilitar atopar o que se necesita. Unha web cunha estética minimalista e cunha imaxe moi coidada que a diferenza doutros portais. Todos os recursos son totalmente libres de dereitos. Non poderás parar de crear!

https://lifeofvids.com/

 

Coverr: neste portal atoparás unha ampla biblioteca de vídeos libres e de boa calidade. Ata 11 categorías nas que mergullarte para comezar a editar vídeos e encher a túa canle de Youtube! 

https://coverr.co/

 

E, se o que buscas é darlles máis ritmo e calidade aos teus vídeos, podes conseguir vectores, imaxes fixas, gifs ou emojis nas seguintes ligazóns: 

 

https://www.freepik.es/

https://giphy.com/

https://getemoji.com/

 

Hai infinidade de opcións e estas son tan só unhas cantas! Lembra que  aínda que sexan libres e gratuítas sempre é de agradecer citar a fonte de onde descargues todo o teu material. Infórmate das licenzas creative commons e bótalle unha ollada aos recursos de son, programas de edición e consellos que atoparás na web. Con isto,  unha locución en off  (o móbil é unha boa ferramenta para isto), música e efectos de son podes facer vídeos súper pros!  

 

Únete á comunidade de Youtubeir@s en galego!