Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros/as.

   Saber máis - Aceptar.
Lista de reprodución ao vivo

LISTA DE REPRODUCCIÓN AO VIVO

O pasado 3 de outubro do 2019 tivo lugar a Lista de Reprodución ao Vivo no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela.  A actividade, que transcorreu de 18.00 a 20.00 horas, uniu a medio centenar de persoas desexosas de participar e vivir a experiencia. Con todo, seis espazos, seis canles de Youtube en galego e tres roldas para mergullarse e  desvirtualizar a youtubeir@s.

Xandobela. Educación e Dinamización Sociocultural, encargada da xestión da actividade, recibiu a todas as persoas asistentes ofrecendo de inicio seis títulos suxerentes que agochaban tras de si a cada youtubeir@. Deste xeito, cada participante tiña a oportunidade de escoller a cegas tres títulos levándose pola intuición e adentrándose nunha lista de reprodución viva e interactiva. Ao mesmo tempo os creadores e creadoras de contidos dixitais agardaban nos seus respectivos espazos a entrada dos seus seguidores e seguidoras para revelar por vez primeira a súa verdadeira identidade.

Juan O Choio e o seu neto Román Castaño das Cousas do Choio baixo o título “Botar a rede e facerse coa net”, arrancaron os sorrisos do público a través das súas creacións e vivenzas á hora de abordar as gravacións e reaccións da veciñanza en canto os seus vídeos se fixeron virais.

“Comer e rañar todo é empezar” serviu a Laura Cruxeiras para presentarse como creadora da canle Corasón de Churrasco. Relatou a súa experiencia  dende a creación da mesma como algo anecdótico entre compañeiras de piso ata chegar a conectar con outr@s youtubeir@s co dúo Blanca&Tinta.

Isabel Villanueva, xestora da canle O galego mola e baixo o título ”Cun megapíxel e un calcetín” compartiu a experiencia de ser youtubeira e creadora nas Redes e da importancia que teñen estas na súa vida.

Tras o título “The Big Gal Theory”, o youtubeiro Xacobo de Toro e a súa canle Xacobo de Toro onde a ciencia é a protagonista.  Falou do uso do audiovisual nas aulas e explicou trucos e recursos de creación que facilitan a realización de contidos divulgativos para as Redes.

Cruz Piñón de Teño unha horta en San Sarduniño, co seu vídeo vivo “Sementei garavanzos e nacéronme followers”, conectou á primeira coa xente máis nova ao combinar toda a sabedoría do campo e tecnoloxía a través da súa horta e da súa canle. Puxo en valor a comunidade youtubeira e falou do moito que esta inflúe de xeito positivo na súa vida.

O galego como impulsor de creación foi un dos temas nos que Eira Losada fixo fincapé baixo a premisa “Unboxing Motor Gal. 18 OU”. Fixo un repaso da súa traxectoria e evolución a través da súa canle Nubes baixo ti tanto a nivel de contidos como a nivel técnico.

Así, a Lista de Reprodución ao Vivo rematou coma un encontro  onde  as persoas asistentes tiveron a oportunidade de conversar e coñecer a youtubeir@s de preto, coñecer o seu proceso creativo, compartir anécdotas e reflexionar sobre o futuro na rede. A xornada puxo fin nun pequeno convivio final de intercambio de sensacións, onde todas as persoas asistentes deixaron comentarios por escrito a cada vídeo vivo.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

COMPARTIR