Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros/as.

   Saber máis - Aceptar.

YOUTUBEIRAS 2022

Youtubeiras chega á sexta edición no 2022 para incentivar, consolidar e fortalecer a creación de vídeos en galego no Youtube.  Nesta nova edición ponse o foco sobre a comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato.

Youtubeiras ofrece actividades ao longo de toda a edición para fomentar o intercambio de aprendizaxes e experiencias, enchendo de contidos propios a web e as redes do proxecto. 

Como cada ano, convócanse os Premios Youtubeiras cunha contía de 7500 euros para repartir entre oito categorías renovadas en función das necesidades da comunidade dixital. 

Temos unha comunidade de creadoras e creadores de calidade cunha rede forte, enérxica e apoderada. Para rede, a nosa!

Crea, consume e comparte Youtube en galego! Participa!

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Carballo, Ames, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Proxecto máis innovador 2019