Saltar ao contido
    Youtubeiras+ > Novas > Recursos > Formacións youtubeiras > FIADEIRO DIXITAL CON TOXÍO

    FIADEIRO DIXITAL CON TOXÍO

    Queres comezar a crear contidos na Rede e non sabes como? Cal é o formato axeitado? Necesitas investir moito en material? Sobre que tema podes falar?

    O sábado 1 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón, de 17 h a 17.50 h, Nuria Espasandín e Sergio Casal de Toxío impartirán un obradoiro para crear contidos na Rede a través de consellos prácticos onde responderán todas estas preguntas. Ademais, darán a coñecer os contidos en galego na Internet e ofreceranche ferramentas e recursos na nosa lingua para resolver todas as túas dúbidas lingüísticas.

    A canle de YouTube TOXÍO foi galardoada nos Premios Youtubeiras+ en 2021 co Premio Calidade Técnica e acadou tamén o Premio Canle no ano 2022.

    Esta actividade está aberta ao público, baixo inscrición previa, para un máximo de 50 persoas. Inscríbete e atrévete a crear contido en galego na Rede!

    Ademais…

    Ás 19 h comezará a gala de entrega de premios Youtubeiras+ no auditorio do Pazo da Cultura de Narón. Contará con interpretación en lingua de signos. Estará conducida por Javi Sánchez (Meiga-i) e coa actuación musical de De Ninghures. Para asistir podes retirar entrada gratuíta no propio Pazo da Cultura, vía telefónica no 981 102 897, de luns a sábado, de 09.30-14.00 e de 17.30-20.30, ou a través de taquilla.pazo@naron.gal.

    Por se fose pouco, entre o obradoiro e a gala, haberá un aperitivo na entrada do propio Pazo da Cultura, onde relaxarse antes da entrega de premios, posar diante da cámara, rexoubar sobre quen cres que serán as canles vencedoras e responder ás preguntas de Gabri Fuentes en directo para as nosas redes.

    Agardámoste!

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *